www.meteoalarm.eu facilita a información máis relevante para estarmos preparados ante unha situación de tempo extremo que se poida dar en calquera lugar de Europa.
  • Alertará da posible aparición de tempo severo, como precipitacións moi fortes, tormentas moi fortes, temporais de vento, ondas de calor, néboas, nevadas (incluíndo xistras) ou frío extremo. Tamén avisará de sucesos producidos ou influídos polo tempo atmosférico adverso, tales como aludes, incendios forestais e fenómenos costeiros extremos.
  • A simple vista poderá identificar o lugar de Europa no que o tempo podería chegar a ser perigoso. As cores empregadas nos mapas desta páxina web indican a excepcionalidade do perigo e as súas posibles consecuencias. No mapa de Europa, cada pais participante neste proxecto amosarase salientado coa cor de maior nivel de alerta – os símbolos amosaran o tipo de alerta. Ó seleccionar un país visualizaranse os seus avisos nacionais e rexionais.
  • Para as cores asociadas aos niveis de alerta maior (laranxa e vermello) engádense pictogramas á información rexional, o que dá unha idea do tipo de tempo que se espera cause perigo potencial. Ò seleccionar calquera rexión dentro dun país concreto atoparase información máis detallada. Na que se inclúe o período de tempo no que se poida produci-lo fenómeno previsto e outros aspectos adicionais, como a súa intensidade (por exemplo cantidades de neve acumulada). As imaxes que se poden ver como fondo neste nivel rexional estarán en consonancia co fenómeno e o seu risco potencial asociado.
  • www.meteoalarm.eu ofreceralle a opción de elixir información de tempo severo para hoxe ou para mañá. Se vostede desexa mais detalles sobre os avisos nacionais pode ligar co Servicio Meteorolóxico Nacional concernido premendo no seu logo.
  • www.meteoalarm.eu é a páxina web que integra toda a información importante sobre tempo severo orixinada polos Servicios Meteorolóxicos Nacionais, públicos e oficiais, dun grande número de países europeos. Esta información facilitase continuamente para garantir a súa interpretación coherente o mais ampla posible en toda Europa.
  • www.meteoalarm.eu está desenvolvida por ZAMG e KNMI para EUTMETNET, a rede de Servicios Meteorolóxicos Europeos. Esta iniciativa conta co apoio fundamental da Organización Meteorolóxica Mundial: OMM.

The participating countries:

Austria, Bélxica, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Malta, Noruega, Poland, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Reino Unido
Cambio de Idioma:  | BG | BS | CZ | DA | DE | EE | EN | ES | ES | ES | FI | FR | GR | HE | HR | HU | IS | IT | LT | LV | ME | MK | MT | NL | NO | PL | PT | RO | RS | SE | SK | SL | VA