PREÁMBULO

EUMETNET é unha rede que agrupa aos servizos Meteorolóxicos Nacionais europeos

EUMETNET ofrece un marco para organizar programas en cooperación entre os seus membros en diversos campos das actividades meteorolóxicas básicas, tales como sistemas de observación, proceso de datos, produtos básicos para predición, investigación e desenvolvemento, formación, ... A través dos programas de EUMETNET, os seus Membros tratan de desenvolver a súa capacidade colectiva en proveito da xestión ambiental e a vixilancia do clima, e proporcionar a todos os usuarios europeos a información meteorolóxica de mellor calidade dispoñible. EUMETNET serve para xestionar de forma máis eficiente os seus recursos colectivos.

Termos e condicións para o uso da páxina Web Meteoalarm (unha iniciativa europea)

Notas Xerais
O obxectivo da páxina Web de Meteolaram é proporcionar ao público en xeral un sistema de información gráfica sobre riscos meteorolóxicos potenciais e a súa vixilancia no ámbito xeográfico europeo, logrado como unha iniciativa conxunta dos membros de Eumetnet (ver: http://www.eumetnet.eu.org/), a Rede Meteorolóxica Europea de Servizos Meteorolóxicos Nacionais (SMN), xestionado por ZAMG (Zentralanstalt für Meteorologie und Geodynamik, o Servizo Meteorolóxico Nacional Austriaco), en nome dos SMN participantes, chamados membros de Meteoalarm.

Os datos e informacións de Meteolarm difúndense co fin de alertar, avisar e informar e non con propósitos de explotación comercial. Nin ZAMG nin os demais Servizos Meteorolóxicos Nacionais membros de Eumetnet ou calquera outro subministrador de datos e contido se farán responsables de calquera erro ou atraso na información, nin de ningunha acción emprendida baseándose nela.

Uso da páxina Web
O acceso e uso do contido da páxina Web de Meteoalarm implica a aceptación destes termos e condicións, o que terá efecto inmediatamente despois da súa primeira utilización da páxina.
Os membros de Meteoalarm resérvanse o dereito de cambiar estes termos e condicións en calquera momento introducindo estes cambios en liña. O usuario será responsable de revisar regularmente a información presentada en liña para estar advertido a tempo de tales cambios. A utilización continuada deste sitio Web, considérase como garante da aceptación das condicións modificadas.

Os membros de Meteolalarm realizan todos os esforzos razoables para asegurar que toda a información e datos provistos a través da Web sexan precisos no momento da súa publicación. A información e os datos da Web Meteoalarm están suxeitos a cambios e actualizacións constantes.

En ningún caso se fará responsable a ningún membro de Meteoalarm, polo usuario ou outras terceiras partes, de calquera dano directo, indirecto, accidental, consecutivo, especial ou exemplar, ou de perdas resultantes dunha utilización correcta ou incorrecta destes datos.

Propiedade Intelectual
Os logos que figuran nesta páxina web son marcas rexistradas.

O material que se presenta neste sitio web é propiedade común dos membros de Meteoalarm, e está suxeita a protección dos dereitos de autor.
Os dereitos de propiedade e da propiedade intelectual de toda a información sobre avisos e as súas actualizacións proporcionada polo sistema Meteoalarm corresponden aos socios de Meteoalarm que son os que orixinariamente proporcionan a devandita información. A información deste sitio web puiden ser usada libremente polo público.
Antes de usar a información obtida deste servidor debe prestarse especial atención á data e hora dos datos que están sendo presentados.
En caso de reutilización: esta información non debe ser modificada en contido e sempre debe presentarse como fonte da información a EUMETNET-Meteoalarm, ou no caso de información dun só país ao servizo meteorolóxico nacional que a proporciona, (para usuarios de internet na forma dun enlace a www.meteoalarm.eu). A hora de emisión en www.meteoalarm.eu debe ser tida en conta. A subministración de información debe ser sempre en tempo real, de modo que os atrasos entre a publicación no sitio web de Meteoalarm e os sitios web dos reutilizadores sexan en media menores de 5 minutos. O atraso non debe superar en ningún caso os 10 minutos.

Requírese a todos os reutilizadores a publicación do seguinte descargo de responsabilidade: 'Son posibles os atrasos entre este sitio web e o sitio web www.meteoalarm.eu , para niveis de alerta en tempo real tal e como se publican polos Servizos Meteorolóxicos Nacionais participantes por favor use www.meteoalarm.eu'.

Cando terceiros produzan traballos protexidos por dereitos de autor que consten predominantemente de material desta páxina web, deben advertir en tales traballos da fonte do material incorporado e indicar que tal material non está suxeito á devandita protección de dereitos de autor. Pódese obter máis información na dirección: meteoalarm@zamg.ac.at.

Enlaces
A páxina Web de Meteoalarm contén enlaces a outras páxinas Web xestionadas por outros SMN. Estes enlaces introdúcense unicamente para maior comodidade do público e non constitúe unha aprobación de Meteoalarm sobre o contido deses sitios Web en cuestión. Os membros de Meteoalarm non se fan responsables do contido dos enlaces aludidos e non se fan lecturas de acordo ao contido ou á exactitude da información que alí figura.

¿Que información se presenta?
O producto do sistema de vixilancia ao que se accederá consistirá en mapas xeográficos con todas as cores correspondentes á situación (nivel de alerta) dentro de cada país participante e as súas rexións, para un conxunto estándar de situacións de alerta seleccionado baseándose nun uso case idéntico na maioría dos países participantes. A cor úsase para indicar a severidade do episodio anunciado, mediante a seguinte representación por cores:

Branco:
Faltan datos ou son insuficientes, sospeitosos, ou non se corresponden coa data.

Verde:
Non se require especial atención con respecto ás condicións meteorolóxicas

Amarelo:
Tempo meteorolóxico con risco potencial. Os fenómenos prognosticados non son infrecuentes, pero debe prestarse atención se se practican actividades expostas a riscos de tipo meteorolóxico. Recoméndase manterse informado sobre as condicións meteorolóxicas que esperan e estar atento a calquera risco evitable.

Laranxa:
O tempo é perigoso. Prognosticáronse fenómenos meteorolóxicos inusuais. É probable que se produzan danos materiais ou accidentes. Estea atento e mantéñase informado regularmente das condicións meteorolóxicas previstas, así como dos riscos que puidesen ser inevitables. Siga os consellos dados polas autoridades.

Vermello:
O tempo é moi perigoso. Prognosticáronse fenómenos meteorolóxicos excepcionalmente intensos. Existen grandes riscos de danos materiais e persoais, con frecuencia sobre áreas extensas. Deben tomarse precaucións extremas. Manterse frecuentemente informado con detalle sobre as condicións meteorolóxicas esperadas e os seus riscos. Deben seguirse as ordes e recomendacións das autoridades en todas as circunstancias estando preparado para medidas extraordinarias.
  • Engadiranse pictogramas aos mapas xeográficos sinalando cal é o parámetro meteorolóxico que afecta á situación
  • Para o nivel rexional ofrécese información adicional sobre intensidade e período temporal
  • Ademais da presentación gráfica ofrecerase como fondo do gráfico unha imaxe representativa de cada situación e nivel de alerta crítico. Tales imaxes fotográficas teñen a intención de identificar o risco potencial asociado á situación de alerta específica e pretenden aumentar a consciencia e a atención do público xeral ao respecto.
  • Cando a información da base de datos sobre a situación de alerta dun país participante non estea actualizada, se estime que non corresponde á situación ou non se reciba, tal país e as súas rexións aparecerán en cor branca.
  • Os países Europeos non participantes no sistema Meteoalarm aparecerán coloreados en gris sobre o mapa de Europa.

A versión inglesa do texto de Termos e Condicións de Uso é a vinculante.
Cambio de Idioma:  | BG | BS | CZ | DA | DE | EE | EN | ES | ES | ES | FI | FR | GR | HE | HR | HU | IS | IT | LT | LV | ME | MK | MT | NL | NO | PL | PT | RO | RS | SE | SK | SL | VA